XIV Encontros técnicos dos OCEX 2021

Consello de Contas de Galicia

II Reunións de Servizos Xurídicos

Consello de Contas de Galicia

Os próximos días 2 e 3 de decembro de 2021 terán lugar en Santiago de Compostela, de forma presencial, os XIV Encontros técnicos e o IX Foro Tecnolóxico dos OCEX 2021 co lema: Auditoría da resposta ao COVID-19 e da implementación da Iniciativa Next Generation European Union (NGEU).

Presentación

Con ocasión da celebración dos Encontros técnicos, o mércores 1 de decembro celebraranse os II Encontros dos Servizos Xurídicos dos OCEX, logo dos realizados en 2017 en Pamplona na Cámara de Comptes de Navarra, coordinados pola Letrada Maior do Consello de Contas de Galicia, Patricia Iglesias Rey (asesoriaxuridica@ccontasgalicia.es).

Estes Encontros Técnicos celébranse nun ano especial, por moitos motivos, pero entre outros por ser ano Xacobeo, e a historia xacobea en Galicia é unha historia de enriquecemento mutuo, hospitalidade e universalidade, que precisamente celebra o privilexio xubilar outorgado polo Papa Calixto II a Compostela no ano 1122

Xacobeo21-22-concha

“O poder creador dos camiños alumou en Galicia un mundo de cultura e de universalidade”.

Con ese ánimo neste 2021 aspiramos no Consello de Contas de Galicia coa organización dos encontros técnicos a contribuír a arroxar luz aos retos dos órganos de control externo nun ámbito radicalmente distinto ao dun ano antes, nun contexto no que as Administracións Públicas víronse obrigadas a traballar con esquemas de riscos admitidos e tolerados que eran inéditos ata a actualidade, onde a emerxencia converteuse en mecanismo ordinario de resposta e onde os marcos referenciais habituais de xestión cederon paso a marcos de excepción e de transformación acelerada.

 

A isto engádese o impacto dun novo modelo de fondos europeos complementario ao Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, cun novo modelo de gobernanza no que adquire especial relevancia, aos nosos efectos, a planificación estratéxica e a avaliación, fronte a dinámicas tradicionais vinculadas á mera capacidade de absorción financeira.

Por estas razóns considerouse como o tema oportuno para os encontros: “Auditoría da resposta ao COVID-19 e a implementación da iniciativa Next Generation EU (NGEU)”.

Programa do evento

Calendario Encuentros

MÉRCORES
1 DE DECEMBRO

9:00 – 17:00h

Programa
II Encontros Servicios Xurídicos

 
Calendario Encuentros XOVES 2 DE DECIEMBRO E
VENRES 3 DE DECEMBRO

8:00 – 15:00h

 

Programa
XIV Encontros Técnicos