INFORMACIÓN EN MATERIA DE EXERCICIO DE DEREITOS DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS POLOS INTERESADOS

Os datos de carácter persoal recollidos, a partir dos facilitados de forma voluntaria por vostede, incorpóranse a ficheiros automatizados e/ou manuais cuxo titular é o Consello de Contas de Galicia. Teñen carácter confidencial e únicamente serán empregados na xestión das actividades para as que vostede solicita á súa inscripción.

De acordo co estabrecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes, vostede ten os seguintes dereitos:

• Dereito de acceso: dereito a coñecer se están sendo tratando os seus datos, e información, no seu caso, sobre este tratamento.
• Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos.
• Dereito de supresión: dereito a obter a eliminación dos seus datos, nos supostos, e cas lilmitacións previstos, na normativa vixente.
• Dereito de oposición: dereito a opoñerse, a que os seus datos persoais sexan obxecto de tratamento, nos supostos legalmente previstos.
• Dereito á limitación do tratamento: dereito a que se limite o tratamento dos seus datos mentras se tramita unha reclamación.
• Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos a un terceiro, nos termos establecidos na normativa vixente.
• Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, incluída a elaboración de perfís.
• Dereito a retirar o consentimento: vostede pode retirar o consentimento outorgado para o tratamento dos seus datos en calquera momento. Esto suporá a supresión dos mesmos, condicionado únicamente á existencia de obrigas legais que o impidan.
• Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Agencia Española de Protección de datos) ou directamente ante este Consello de Contas de Galicia na dirección electrónica dpd@ccontasgalicia.es .

Así mesmo pode exerce-los dereitos citados, amáis de na dirección de correo arriba citada, ante o Consello de Contas de Galicia, rúa Domingo Fontán nº 7, 15771 Santiago de Compostela.”